Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A7 A9 A12 A13 A15 B10 B3 Exposición y análisis crítica de textos y casos que sirven para desarrollar contenidos y trabajar las habilidades argumentativas. 30
Proba obxectiva A1 A7 A9 A12 C3 Evaluación del conocimiento de los contenidos de la materia. B2 60
Obradoiro A1 B7 B13 C2 C5 Taller para la adquisición de habilidades prácticas 10
 
Observacións avaliación

Avaliación:

A cualificación final da disciplina obterase da suma dos puntos obtidos na avaliación continua e os puntos obtidos na proba obtida de final de cuadrimestre.

1º) Avaliación continua (50%):

O profesorado avaliará o traballo realizado polos/as estudantes ao longo do cuadrimestre, dentro e fóra da aula, cun máximo de 4 puntos. 

Para iso, os/as estudantes deberán asistir a clase e deberán realizar as actividades encargadas polo profesorado nos prazos e coas condicións que se dispoñan. Para recibir os puntos de avaliación continua esixirase unha asistencia ao 80% das clases, salvo nos casos de estudantes a tempo parcial que obteñan dispensa académica*.

 2º) Proba obxectiva (50%):

A final de cuadrimestre, os/as estudantes deberán realizar unha proba obxectiva (tipo test ou con algunha pregunta de desenvolvemento) sobre os contidos explicados na aula e as lecturas entregadas polo profesorado. Para aprobar a disciplina é imprescindible aprobar esta proba.

*Observacións:

Os/as estudantes a tempo parcial con dispensa académica serán cualificados/as de acordo cos mesmos criterios de avaliación, coas seguintes particularidades:

A asistencia mínima exixida para recibir os puntos de avaliación continua será do 40%.

O profesorado encargará actividades de avaliación continua complementarias, equivalentes en tempo de realización ao 40% da asistencia dispensada.

Plaxio ou fraude académica:

O comportamento fraudulento nas probas de avaliación, e snomeadamente o plaxio no estudo de casos, ou o uso oculto de instrumentos de intelixencia artificial para realizar as tarefas, terá como consecuencia a cualificación de "0 (Suspenso)" na oportunidade correspondente.