Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 B4 Para a avaliación final compútase nun 20% a asistencia ás sesións do Módulo. No caso de non haber docencia, a proba final computará o 100% da avaliación. 20
Proba práctica A5 B1 B2 B3 B6 B9 B13 B14 C4 C6 C7 A proba práctica consistirá na exposición oral da resolución dun/s caso/s que se facilitarán o primeiro día do Módulo. Teranse que resolver e argumentar xurídicamente as cuestións específicas que se formulan en relación con o/s caso/s práctico/s, con base en previa búsqueda xurisprudencial e na selección de bibliografía recomendada. O día da exposición entregarase un breve esquema ou resumo do traballo realizado.
80
 
Observacións avaliación
Os criterios sinalados son válidos para a primeira e a segunda oportunidade de avaliación. Se ben este é o sistema de avaliación xeral, ao tratarse dunha materia sen docencia dun título en extinción, non se computará a asistencia e a exposición oral será sustituida por un traballo escrito realizado segundo as instrucións facilitadas. 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na materia na oportunidade correspondente.