Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
O TFG será dirixido por un membro do profesorado dos departamentos con docencia a tempo completo no plan de estudos do título de grao.

Tal profesor/a será responsable de:
a) expoñerlle ao estudantado cuxa titoría exerza as características do traballo, e orientalo no seu desenvolvemento;
b) realizar un seguemento da elaboración do TFG e velar polo cumprimento dos obxectivos fixados;
c) autorizar a presentación e defensa do TFG.

O labor do profesorado titor consistirá no asesoramento e corrección do traballo no plano formal, sen entrar na corrección do contido material do caso.

O alumnado debe poñerse en contacto co profesorado titor, concertar titorías ao longo do cuatrimestre e cumprir co calendario que, eventualmente, poda indicarlle o profesorado titor. O incumprimentos reiterado destas obrigas determinará o informe desfavorábel e, con elo, a imposibilidade de depositar o TFG.