Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A4 A9 B4 B5 B6 C7 A participación activa e con argumentos madurecidos e criativos nas discusións dirixidas presenciais ou asíncronas representará o 35% da cualificación final. 35
Eventos científicos e/ou divulgativos A1 B7 B8 C5 A asistencia aos eventos programados será avaliada até ao 10% da cualificación final. 10
Traballos tutelados A3 A14 A12 B10 C1 C6 A análise do exemplo hipertextual será avaliado até ao 20% da cualificación final. Por súa vez, a presentación oral do traballo suporá o 20% e a retroalimentación do traballo das/dos compañeiras/os outro 15%, até alcanzar un total do 55% da cualificación total posíbel. 55
 
Observacións avaliación

Exercicios obrigatorios
Non será posíbel a superación da materia sen a participación activa nas discusións dirixidas e a exposición do traballo tutelado. Alén disto, para poder aprobar deberase atinxir unha cualificación mínima de 4 valores sobre 10 en ambos exercicios.
O alumnado que non realizar estas actividades recibirá a cualificación de NON PRESENTADA/O.

A expresión lingüística deficiente (oral ou escrita) poderá ser penalizada até ao 50% do total atribuído a cada exercicio.

Ensino semipresencial e alumnado con dispensa académica
O alumnado de ensino semipresencial ou con dispensa académica deberá acompañar o curso através das ferramentas de comunicación asíncrona determinadas polo docente nos prazos específicos que se estabelecerán a tal efecto, que o profesor comunicará ao alumnado afectado no inicio do curso e que estarán publicados no campus virtual. Aplicaranse os mesmos criterios de avaliación e as metodoloxías pasarán a ser asíncronas.

Segunda oportunidade e convocatoria adiantada
Na segunda oportunidade (xullo) e na convocatoria adiantada o alumnado será avaliado cos mesmos criterios e coas mesmas porcentaxes que na oportunidade anterior. No caso de non ter realizado durante o cuadrimestre alguna das actividades avaliábes, abrirase un novo prazo para a súa presentación. A retroalimentación nos outros traballos realizarase asincronamente por escrito, no campus virtual.

Integridade académica
Salvagardando en todo o momento os dereitos de autoría e protexendo os datos dos mesmos, os traballos académicos presentados polo alumnado da materia poderán ser incorporados á base de datos dunha ferramenta de detección de plaxio e/ou presentación do mesmo exercicio en varias materias. Caso se producir algunha destas circunstancias, o traballo ficará anulado e poderanse activar as medidas recollidas nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Apoio á diversidade
A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI), coa que se deberá contactar nos prazos estabelecidos por esta unidade. Pódese contar tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).