Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Recursos bibliográficos e xéneros científicos | Código | 613836005 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudo, bases teóricas e/ou directrices dos traballos e exercicios a desenvolver polo estudante. Son 5 horas presenciais. O curso iniciarase cunha sesión presencial en que o profesor describirá os contidos, a planificación, a metodoloxía docente e o sistema de avaliación da materia e resolverá todas as dúbidas que lle formule o alumnado en relación con estas cuestións. |
Prácticas a través de TIC | Actividades de aplicación dos coñecementos a situacións concretas e de adquisición de habilidades básicas e procedementais relacionadas coa materia obxecto de estudo. Desenvolveranse con equipamento especializado nunha aula informática. As actividades, prácticas e exercicios suman 24 horas: 7 horas presenciais e 17 non presenciais. |
Lecturas | Para o seguimento da materia e a preparación das discusións, haberá textos de lectura obrigatoria cada semana. Ás lecturas dedicaranse 6 horas de traballo autónomo non presenciais. |
Traballos tutelados | Cada estudante, de maneira individual ou en grupo, elaborará un documento sobre a temática da materia ou preparará un seminario en que se expoñerán e debaterán as investigacións e lecturas levadas a cabo. Son 20 horas de traballo fóra da aula máis 1 hora na aula. |
Presentación oral | Exposición ou presentación oral por parte do alumnado dalgún dos temas ou prácticas que se traten no curso. Poden ser as lecturas semanais de textos previamente escollidos e dispostos para o aprofundamento e discusión académica dos temas do programa. O tempo requirido será de 2 horas presenciais e 10 horas de preparación fóra da aula. |