Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Sesión maxistral A9 B1 B7 B8 B10 C5 C6 C8 participación mediante o plantexamento crítico sobre o material da materia e outras actividades de avaliación 10
Traballos tutelados A10 B2 B3 B4 B5 C7 Traballos (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Proba de resposta breve A9 B1 B7 B8 B10 Exercicio escrito (de carácter OBRIGATORIO e, polo tanto, NECESARIO para aprobar ) 40
Solución de problemas B2 B3 B4 B5 B8 Exercicios e actividades propostas 10
 
Observacións avaliación

No caso da proba escrita, o criterio fundamental de avaliación será a demostración por parte do alumno do seu dominio dos contidos teóricos da materia.

No caso das demais sesións, os criterios de avaliación serán o cumprimento dos requisitos e obxectivos formulados nos enunciados dos exercicios, o grao de asimilación das técnicas vistas nas sesións teóricas, a claridade das explicacións do alumno á hora de presentar a solución proposta, e a responsabilidade no uso axeitado dos recursos dispoñibles no laboratorio.

No caso dos traballos tutelados, os criterios de avaliación serán similares.

Procurarase que o prazo de entrega dos traballos teña unha antelación de, como mínimo, dez días con respecto á data fixada para a proba final.

Recordar de novo que é imprescindible realizar e aprobar tanto o exame coma o traballo tutelado para aprobar a materia. A non presentación do exame ou do traballo práctico conlevará a cualificación de non presentado.


Os alumnos matriculados a tempo parcial que solicitasen e obtido dispensa académica poderán entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se establecerán para tal efecto e se comunicará ao alumnado afectado a principio de curso. Calquera situación especial do alumno deberá ser comunicada ao profesorado a principio de curso, quen a analizará e poderá proceder ás adaptacións dos mecanismos de avaliación que considere oportunas.

Aos alumnos que obteñan cualificación de suspenso ou non presentado na primeira oportunidade manteráselles a cualificación da proba escrita e do traballo tutelado para a segunda oportunidade; tendo a opción de realizar de novo a proba e/ou o traballo para mellorar a nota. Os alumnos que aproben a materia na primeira oportunidade (xuño) non poderán repetir o exame nin reentregar traballos para mellorar a súa cualificación.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal).