Sesión maxistral |
O profesor exporá organizadamente contidos fundamentais da materia, e responderá todas as dúbidas e cuestións formuladas polos/as estudantes a partir das súas lecturas obrigatorias. Prestarase especial atención ás dimensións aplicada e interdisciplinar dos contidos. |
Obradoiro |
Unha grande parte das aulas presenciais responderán á estrutura de obradoiros, con estudos de caso, debates, solución de problemas etc. Dada a carga horaria dispoñible, tenderán a ser de curta duración, mais serán de gran relevancia na avaliación do/a estudante. No obradoiro inclúense as actividades e tarefas avaliables, presenciais ou non, que deberá realizar o alumno/a para superar a materia. |
Aprendizaxe colaborativa |
A aprendizaxe colaborativa terá un papel fundamental: ao longo do curso realizaranse distintas tarefas, estudaranse casos e resolveranse problemas en grupo ou individualmente. Prestarase especial atención á participación do estudante. |
Traballos tutelados |
O/a estudante realizará polo menos un traballo académico individual. O tema será acordado co profesor, e este proporcionará as indicacións e guía necesarias nas titorías. O/a estudante deberá informar regularmente ao profesor sobre o desenvolvemento deste traballo, consultar as dúbidas que lle xurdan e atender as súas indicacións. |