Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Resumo
Obradoiro
Esquemas
Recensión bilbiográfica
Descrición
A atención personalizada levarase a cabo en función das necesidades do grupo de alumnos ou do estudante en particular, tanto na aula como a través do correo electrónico, o uso da plataforma moodle, ou o diálogo real en horas de atención ao estudante. Para que se realice axeitadamente, é indispensable que os alumnos acudan ás aulas e participen activamente nelas. Adaptarase a cada caso de dispensa ou atención á diversidade:

A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de
medidas encamiñadas ao apoio á diversidade consonte ás indicacións da
Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/), coa que
se deberá contactar nos prazos establecidos por esta unidade. Pódese contar
tamén co asesoramento da titora ADI da facultade (pat.filoloxia@udc.gal).