Metodoloxías
Lecturas
Proba mixta
Prácticas de laboratorio
Obradoiro
Descrición
Tanto as prácticas dos obradoiros como de laboratorio realizaranse cun seguimiento personalizado por parte do profesor.

Tamén se espera que se faga uso das titorías para resolver dúbidas relacionadas coas lecturas ou coas clases maxistrais.

Enténdese que a avaliación forma parte do proceso de aprendizaxe e, xa que logo, recoméndase que se empreguen as titorías para revisar os exercicios e o exame final.

As titorías poderanse levar a cabo persoalmente, por Teams ou mediante correo electrónico.

Estudantes con dispensa académica recoñecida: favorecerase o uso de titorías presenciais ou telemáticas como apoio á docencia.