Metodoloxías Descrición
Lecturas O alumnado estará ao día das lecturas recomendadas pola profesora ao inicio de cada tema. Estas lecturas son fundamentais para o seguimento da materia.
Sesión maxistral A profesora exporá na aula os contidos principais de cada tema.
Traballos tutelados Os alumnos realizarán un traballo tutelado de xeito individual. A profesora proporcionará os temas e lecturas para o mesmo, ao igual que as indicacións precisas para a súa elaboración. O seguimento dos traballos realizarase en horario de titorías.
Eventos científicos e/ou divulgativos Asistencia aos eventos científicos –sesións de congresos, coloquios, conferencias– relacionados cos contidos da materia.
Obradoiro Nas sesións interactivas os alumnos realizarán diversas actividades nas que aplicarán os contidos expostos nas clases expositivas e o acadado nas lecturas.