Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Traballo monográfico sobre un tema relacionado coa materia que se realizará obrigatoriamente co seguimento do profesorado.
Obradoiro Combinación de diversas metodoloxías e probas (exposicións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas etc.) a través das que o alumnado desenvolve tarefas sobre un tema específico co apoio e supervisión do profesor. Pode incluír prácticas a través de TIC. Principalmente consistirá en análise e comentario de mapas dialectais e de textos breves, orais ou escritos, de diversas variedades do español.
Actividades iniciais Exame dos coñecementos previos relacionados coa materia. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita articular unha docencia que favoreza a aprendizaxe eficaz e significativa.
Lecturas Lectura reflexiva e asimilación de diversos artígos ou capítulos de libros.
Sesión maxistral Exposición teórico-práctica. Valorarase a participación do alumnado.