- O traballo
tutelado. É obrigatoria a titorización e seguimento por parte do profesorado
das diferentes etapas do proceso de elaboración. Non se admitirá un traballo
que non fose supervisado ao longo da súa elaboración.
- Os traballos ou
actividades que non se realicen na aula entregaranse a través do Campus Virtual
da UDC nos prazos fixados en cada caso ou por correo
electrónico.
-
As actividades e o traballo deben cumprir coas esixencias de corrección
lingüística propias dos traballos académicos (ortografía, precisión léxica,
rexistro formal etc.). Dependendo da gravidade da
falta, por cada unha descontarase entre 0,25 (acentuación) e 1 punto. A
penalización será menor para os alumnos Erasmus ou doutros programas de
intercambio alleos ao espazo hispanoamericano.
- Deberase gardar
unha copia de cada actividade ou do traballo en previsión de problemas na
recepción.
-
No referente ao plaxio e outras faltas de honradez académica aplicarase o
estipulado nas Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario e no Regulamento disciplinar do
estudantado da UDC (artigo 11, apartado 4b)
- Cualificarase como non
presentado quen non entregue ningunha actividade, incluído o traballo tutelado.
- Na segunda
edición de actas (segunda oportunidade) poderanse recuperar todos os
instrumentos de avaliación coa mesma ponderación que na primeira edición. As
actividades do obradoiro serán substituídas por tarefas que se publicarán no
Campus Virtual da UDC. As tarefas e o traballo tutelado, que obrigatoriamente
será individual, entregaranse a data establecida para o exame oficial.
- Na convocatoria
adiantada de novembro/decembro realizarase un exame teórico-práctico.
-
Alumnado con dispensa académica recoñecida e matrícula a tempo parcial:
aplicaráselles o mesmo sistema de avaliación, con maior flexibilidade nas datas
de entrega, que se acordarán entre profesor e alumno. O traballo tutelado será
individual e non será necesario expoñelo na aula. Nestes casos, favorecerase o
uso das titorías, presenciais ou virtuais.
- Estudantes que
precisen medidas de apoio á diversidade ou con modalidades específicas
de aprendizaxe: aplicarase o mesmo sistema de avaliación, coas adaptacións e
flexibilidade que requira cada caso. Deberán contactar coa Unidade de Atención
á Diversidade da UDC ou coa titora de atención á diversidade do centro
(pat.filoloxia@udc.gal).
- Alumnado Erasmus
e de intercambio: recoméndase un nivel de español equivalente a B1 ou
superior para cursar esta materia.