Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Traballos tutelados A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B5 B6 B7 B10 Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesorado. Contará coas instrucións sobre tipoloxía, formato e prazos de entrega a través do Campus Virtual. 50
Obradoiro A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B7 Durante as sesións de carácter práctico, o estudantado realizará diversos exercicios de localización e consulta de fontes, preparación de materiais de estudo (glosarios, cronoloxías...), análise crítico de contidos e/ou comentario de textos. Tres destes traballos serán recollidos pola docente ao remate da sesión correspondente, para a súa corrección e calificación, constituindo o 50% da calificación final da materia. Para este fin, o estudantado contará con instrucións específicas e por escrito sobre cada unha destas tarefas, así como con rúbricas de avaliación previas á súa abordaxe. 50
 
Observacións avaliación

1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 

2. Non será admitida a entrega de traballos fora de prazo. 

3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo á normativa vixente na UDC.

4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non realice o traballo tutelado, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para superar a materia.

5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente.

6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 

7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas.

8. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade.

Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia

Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. 

As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado.

Oportunidade extraordinaria de decembro

O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación.