Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Literatura Española dos Séculos XX e XXI | Código | 613G01040 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A5 A11 A15 A16 A17 B1 B3 B5 B6 B7 B10 C6 | Traballo puntuable, escollido coa tutela do profesorado. Contará coas instrucións sobre tipoloxía, formato e prazos de entrega a través do Campus Virtual. | 50 |
Obradoiro | B1 B3 B6 | Valorarase a capacidade crítica do estudantado mediante diversos exercicios prácticos: análise e comentario de textos, elaboración de reseñas, revisións críticas, preparación de materiais de estudo, etc. Tres destes exercicios serán recollidos ao remate da sesión en que se realicen, a fin de proceder á súa corrección e calificación, que computará para a avaliación do 50% da materia. |
50 |
Observacións avaliación | |||
1. En todas as actividades escritas (traballos, exercicios, comentarios...), será valorado o uso correcto e axeitado da lingua española, especialmente para fins académicos. 2. Non será admitida a entrega de traballos fora de prazo. 3. Calquera falta de honradez académica (plaxio, utilización de textos ou ideas dotros autores sen indicar a procedencia, copia en tarefas, traballos ou outras variábeis destas características) será penalizada de acordo á normativa vixente na UDC. 4. Obterá a calificación de NP (non presentado) o alumnado que non entregue o traballo tutelado, aínda que teña feitas as restantes actividades. Será preciso obter un mínimo de 4 puntos (sobre 10) en cada unha das metodoloxías de avaliación para poder superar a materia. 5. O alumnado que teña que avaliarse da materia en segunda oportunidade recuperará tan só as actividades que tiver suspensas. Nese caso, o profesorado facilitará as indicacións oportunas a propósito das características do traballo e tarefas por medio da plataforma Moodle, indicando as datas e procedementos de entrega, para que o alumnado poida organizarse con tempo suficiente. 6. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal). 7. O nivel mínimo de competencia lingüística recomendado para cursar esta materia, no caso do estudantado Erasmus e de convenios internacionais, é un B2 dacordo co Marco Europeo para o Ensino e Aprendizaxe de Linguas. 8. Con acordo ao recollido nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria, esta materia incorporará a perspectiva de xénero nos seus contidos e organización. Neste sentido, traballarase para identificar e correxir prexuizos e actitudes sexistas, en pro dos valores de respeto e igualdade. Alumnado con dispensa académica de exención de asistencia Os procedimentos e porcentaxes de avaliación serán os mesmos que para o restante alumnado. O profesorado porá ao dispor deste estudantado tanto as instrucións para a realización como os procedimentos e datas de entrega a través da plataforma Moodle. As titorías concertaranse por correo electrónico e terán lugar en horario axeitado tanto para o alumnado como para o profesorado. Oportunidade extraordinaria de decembro O alumnado en disposición de optar a examinarse da materia na convocatoria extraordinaria en decembro será avaliado a través da realización dun exame que suporá o 100% da calificación. |