Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Cada estudante debe realizar un traballo tutelado sobre algún aspecto relacionado coa materia, baseándose no estudo e interpretación de textos. Valoraráse a capacidade de reflexión, a orixinalidade, o pensamento crítico autónomo e o dominio do idioma.
Sesión maxistral Nestas sesións a profesora abordará as cuestións referentes tanto á técnica do comentario de textos poéticos, como a temas relativos ás etapas históricas, tradicións literarias... Procuraráse que o alumno participe.
Actividades iniciais Análise do coñecemento previo que os estudantes teñen das formas métricas, tradicións literarias, autores e creacións que se traballarán durante o curso, así como do seu dominio das técnica da análise de textos. Actividades para coñecer as competencias, intereses e motivacións do alumnado. Preténdese obter información relevante que permita artellar unha docencia que favoreza a aprendizaxe significativa.
Presentación oral
Obradoiro Mediante a combinación de diversas metodoloxías (discusión dirixida, resumos, reflexións críticas, etc.), o alumnado levará a cabo distintas actividades ligadas á materia obxecto de estudo.