Metodoloxías
Lecturas
Seminario
Sesión maxistral
Análise de fontes documentais
Proba mixta
Traballos tutelados
Descrición
Através destas metodoloxías avaliarase a evolución individual de cada alumno ou alumna, de maneira que en calquera momento se podan activar mecanismos compensatorios ou de consolidación de coñecementos ou destrezas.
A profesora encargarase de recibir e asesorar o alumnado en todas as cuestións que lle formular; ao tempo, tratará en todo momento lle facer as observacións, indicacións puntuais bibliográficas, etc que puideren ser do seu interese.
O alumnado de matrícula parcial e/ou con dispensa académica realizará os traballos e tarefas de forma individual, con entregas nas datas marcadas pola docente, e terá atención personalizada no horario de titorías, para aclarar dúbidas sobre os traballos e tamén sobre o marco teórico e práctico da materia.