Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Sesión de traballo en que o profesor expón os principais contidos teóricos que garantan que o alumnado adquire unha base epistemolóxica adecuada sobre a fenomenoloxía da variación lingüística e os contidos teóricos fundamentais.
Obradoiro Nestas sesións, o alumnado realizará actividades de diferente tipoloxía destinadas á consolidación dos contidos presentados nas sesións maxistrais, ben como das destrezas e das estratexias relacionadas cos obxectivos e contidos da materia.
Contémplanse, entre outras, a realización de comentarios de textos, as prácticas a través de TIC ou estudos de casos.
Traballos tutelados Cada estudante deberá elaborar un traballo, dirixido polo profesor, escollido entre diversas propostas presentadas no inicio de curso sobre diferentes aspectos ou cuestións de variación lingüística.
Proba mixta Na proba mixta, cada estudante debe demostrar que ten asimilados os contidos a través dun exercicio que, entre outras posibilidades, combinará preguntas (longas e/ou breves) de carácter ensaístico con probas de comentario.