Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Teatro en Lingua Galega e Portuguesa | Código | 613G02047 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 4.5 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Lecturas | A2 A17 A18 A19 A20 | O control das lecturas será realizado por medio da participación na aula nos diálogos posteriores ás presentacións orais individuais. | 30 |
Presentación oral | A2 A11 B1 B6 B7 | O/a estudante deberá realizar un mínimo de dúas presentacións de monumentos dramáticos escritos en lingua galega ou portuguesa, unha síncrona presencial e a outra, gravada. Se o número de persoas matriculadas fose elevado, o/a docente poderá propor que se a presentación síncrona presencial se realice por parellas. Avaliarase a capacidade de focar os aspectos centrais da obra e a súa singularidade, así como de a pór en relación coas temáticas e correntes comentadas nas sesións expositivas. Tamén se ponderará a escolla e comentario oral dun fragmento da mesma. |
30 |
Eventos científicos e/ou divulgativos | A2 A11 B8 | O alumnado deberá asistir ora a un espectáculo teatral programado na contorna, ora a unha palestra especializada sobre teatro en lingua galega e portuguesa. Posteriormente, deberá realizar un informe -oral ou escrito- sobre o mesmo. O docente comunicará nas primeiras sesións presenciais a natureza e lugar de celebración do evento e, se for preciso, presentará alternativas para o alumnado que non puider asistir ao inicialmente programado. |
10 |
Discusión dirixida | A11 A14 B1 B5 B7 | As sesións de aula comenzarán coa posta en común dos lecturas preparatorias previas, nunha rolda voluntaria en que o alumnado desambiguará os termos centrais do texto, focará os aspectos máis significativos, levantará cuestións derivadas e porá en relación os aspectos recollidos na lectura con outros contidos da materia. Esta participación ao longo do cuadrimestre será avaliada até ao 15% da cualificación final. Aliás, o estudantado participará -nun contexto formal e coas claves da redacción académica- nun foro de discusión asíncrona aberto no Moodle en que o docente proporá unhas liñas temáticas ou preguntas sobre un dos contidos da materia. Para unha correcta participación será preciso realizar unhas lecturas previas sinaladas desde a primeira sesión. Serán avaliados tanto a interiorización das lecturas e a capacidade de identificar os aspectos máis relevantes, como o diálogo estabelecido co resto de integrantes da turma (para o que será preciso unha lectura demorada dos seus comentarios). |
30 |
Observacións avaliación | |||
Exercicios obrigatorios
Para superar a materia será requisito indispensábela realización das presentacións orais e a participación na discusión dirixida. Quen non realizar ambos os exercicios será considerada/o NON PRESENTADA/O. Docencia semipresencial e alumnado con dispensa académica Segunda oportunidade e convocatoria adiantada Honestidade académica Apoio á diversidade |