Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A11 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C5 C6 Debate na aula na base do exposto nas sesións maxistrais e dos materiais (sobre todo textos) previamente distribuídos polo profesor e traballados polo alumno en horas non presenciais. Deberán participar todos os alumnos (agás aqueles con dispensa académica e os repetidores con incompatibilidade horaria), o que implica a asistencia obrigatoria ás sesións interactivas.
No apartado de Observacións á avaliación indícase o traballo que substitúe a asistencia á clase interactiva no caso do alumnado repetidor ou con dispensa académica.
Valorizaranse as intervencións do alumnado na clase interactiva. Poderanse facer controis de asistencia a estas clases.
30
Proba obxectiva B1 B3 B5 B7 C1 Proba escrita (exame tipo test) para a avaliación da aprendizaxe. Versará sobre os contidos teóricos e prácticos estudados no curso e recollidos no temario da materia. 50
Obradoiro A1 A2 A10 B1 B3 B4 B5 B7 B8 B10 C1 C4 C6 Comentario e debate na aula da novela Los Pazos de Ulloa, de Pardo Bazán. A participación do alumnado presupón a lectura previa dos capítulos que se comentarán no correspondente obradoiro, cada venres. Deberán asistir ao obradoiro todos os alumnos matriculados, agás nos casos de dispensa académica e, se así o desexan, os repetidores, que terán que entregar o traballo escrito que se indica en Observacións á avaliación 20
 
Observacións avaliación

1. É obrigatorio ter entregado en tempo e forma as actividades que computan na avaliación. 

2. As actividades e probas que computan para a nota final e que fosen aprobadas na primeira oportunidade son liberatorias, é dicir, non se repiten. Por ex., se o estudante suspende na nota final, pero  acada un 5 ou superior puntuación na proba tipo test, non terá que voltar examinarse dela. Deberá recuperar soamente a interactividade e/ou taller, suspensos.

3. Serán cualificados cun Non Presentado (PN) os/as alumnos/as que non asistan ao exame final escrito (proba obxectiva).

4. As faltas de ortografía (grallas) e/ou incorreccións léxico-gramaticais poderán supor unha diminución da nota. 

5. A asistencia á aula aportará como máximo o 10% da cualificación final

6. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. 

7. A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio á diversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis na UDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, coa Unidade de Atención á Diversidade (https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/); no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal)

8. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non asistan ao obradoiro (venres) presentarán un resumo, capítulo a capítulo, cun comentario persoal ao final, da novela Los Pazos de Ulloa, de Emilia Pardo Bazán. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá as seguintes características: 7 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 5 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2024. Este traballo substitutivo computará o 20% da nota final. 

9. Os alumnos en situación de matrícula a tempo parcial (dispensa académica) e os alumnos repetidores que non poidan asistir ás clases interactivas (discusión dirixida) deberán facer a recensión bibliográfica do seguinte libro: ÁLVAREZ JUNCO, José e FUENTE MONGE, Gregorio de la (2017), El relato nacional: historia de la historia de España, Madrid, Taurus. O traballo, presentado en papel (NON dixitalizado) ao profesor coordinador da asignatura (J.M. Vázquez Lijó), terá estas características: 8 folios (tamaño estándar A4) de extensión, dos que 6 serán de resumo e 2 de comentario persoal (non conta a páxina de cuberta do traballo, co nome do alumno e o título do libro); letra Times New Roman 12; interlineado 1,5. A data límite para entregar o traballo será o 15 de abril de 2024.  Este traballo substitutivo computará o 30% da nota final.

10. Posibilidades ofrecidas ao alumnado para RECUPERAR partes suspensas

10.1. Proba obxectiva: todos os estudantes (incluidos os de dispensa académica e os repetidores) deberán superar un novo exame tipo test a realizar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) 

10.2. Interactividade (clases dos mércores)

10.2.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) a recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 9 destas Observacións

10.2.2. No caso de  alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar a devandita recensión do libro de ÁLVAREZ JUNCO coas mesmas características formais sinaladas no punto 9 destas Observacións

10.3. Obradoiro (clases dos venres)

10.3.1. presentar na data fixada no calendario académico (2ª oportunidade: xullo) o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

10.3.2.  No caso de  alumnos con dispensa académica ou repetidores entregar (se non se fixera na 1ª convocatoria ata o 15 de abril) ou mellorar o resumo-comentario persoal da obra Los Pazos de Ulloa, coas mesmas características formais sinaladas no punto 8 destas Observacións

11. Os alumnos presentados á convocatoria extraordinaria de decembro concorren nas mesmas condicións sinaladas para a segunda oportunidade.