Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple A2 A6 A9 A15 B1 B6 B7 Entrega de dúas redaccións sobre distintos temas relacionados co traballo de clase. A nota para esta parte será a media de ambos os dous. Ver datas máis abaixo. 20
Sesión maxistral B4 Se tendrán en conta aa asistencia e participación na calificación final 20
Proba mixta A2 A6 A10 A15 B7 C2 Completar distintos tipos de exercicios; discriminar usos e significados; explicar diferenzas; transformar oracións. 40
Portafolios do alumno A6 A9 C2 Exposición oral dun traballo; preguntas de comprensión; comprobación das destrezas orais do alumno: iniciativa e interacción do alumno, rexistro adecuado, amplitud de recursos lingüísticos, capacidade de comunicación. Entrevista 20
 
Observacións avaliación

Primeira oportunidade: exame 40% traballos 60%

Ostraballos escritos poden ser revisados a través da aplicación Turnitin que detecta citas incorrectas,plaxio e outros tipos de fraude. Se isto ocorrer, aplicaranse as normas contrao plaxio (Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dosestudos de grao e mestrado universitario). Turnitin recoñece traballos previamente realizados por outras persoas (ou polo/apropio/a estudante) nesta universidade ou noutras, ademais doutros materiaislocalizados en Internet.

  1. Entrega de traballos tutelados: última semana de outubro e última de novembro

É necesario entregar ambos os dous traballos para poder optar a que se sumen o resto das notas na primeira oportunidade de avaliación. A asistencia habitual é un indicador do interese do alumno pola materia.
Proba oral: comenzos de decembro.

A segunda oportunidade de xullo, segundo o calendario académico, basearase na repetición de la(s) parte(s) da avaliación que non se superaron, conservando as mesmas porcentaxes. Se a parte dos traballos tutelados non se aproba na primeira oportunidade, o alumno debe presentar dous traballos novos necesariamente antes do comezo do período de exames de xullo. A repetitición dol exame oral, en caso de suspenso na primeira oportunidade, llevaráse a cabo ANTES do período de exámes.

Obterá unha cualificación de "non presentado" aquel/a estudante que non se presente a ningunha das dúas probas (a mixta e a oral) e que tampouco realizase os traballos tutelados.

Aqueles alumnos que oficialmente fosen matriculados a tempo parcial, e que posúan unha dispensa académica, tal e como establece a Normativa de permanencia desta universidade, serán avaliados en calquera oportunidade seguindo os mesmos criterios que para a segunda oportunidade de xullo.

Os alumnos/ás que suspendan na primeira oportunidade e non se presenten á segunda oportunidade de xullo terán a nota de suspenso.

Os alumnos que se presentan á convocatoria adiantada de decembro avaliaranse segundo as normasespecificadas para a oportunidade de xullo.

Diversidade : A materia poderá ser adaptada ao estudantado que precise da adopción de medidas encamiñadas ao apoio ádiversidade (física, visual, auditiva, cognitiva, de aprendizaxe ou relacionada coa saúde mental). De ser o caso, deberán contactar cos servizos disponíbeis naUDC/no Centro: nos prazos oficiais estipulados de maneira previa a cada cuatrimestre académico, co a Unidade de Atención á Diversidade ( https://www.udc.es/cufie/ADI/apoioalumnado/ );no seu defecto, coa Titora ADI da Facultade de Filoloxía (no seguinte enderezo electrónico: pat.filoloxia@udc.gal ).

-Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas, entre outras medidas).

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.

Calquera caso de plaxio ou fraude académico significará un suspenso (0) na materia, tal e como aparece recollido no "Regulamento disciplinar do estudantado da UDC":

Cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa a falta e respecto da materia en que se cometese: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.