Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Realización de traballos prácticos de maior entidade, que promovan a aprendizaxe autónoma dos estudantes e supoñan a solución de problemas plantexados. 12
Proba mixta A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Proba escrita na que deben ser demostrados os coñecementos e as competencias adquiridos. 70
Prácticas a través de TIC A3 A4 B1 B2 B6 B7 B8 C3 C6 C7 Actividades curtas a desenvolver na aula durante as sesións de prácticas. 12
Sesión maxistral A3 A4 B1 B2 B6 B7 C3 C6 C7 Seguemento continuo e avaliación obxectivable da participación activa dos estudantes nas sesións maxistrais. 6
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE (Observacións)

O 70% da nota global da materia corresponderá a unha proba escrita sobre os coñecementos e competencias adquiridos ao longo do curso. Será
precisa unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) nesta proba escrita para superar a
materia.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice
a proba escrita.




SEGUNDA OPORTUNIDADE (Observacións) 

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as
estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A recuperación
de cada unha das partes farase da seguinte forma:

- Proba mixta (88% da nota final): permitirá recuperar a nota da proba escrita da primeira oportunidade e a correspondente á avaliación continua realizada durante as sesións maxistrais e ás Prácticas a través das TIC. Será preciso acadar unha NOTA MÍNIMA de 5 (sobre 10) en esta parte para superar a materia.

- Solución de problemas/traballo tutelado entregable (12% da nota final): permitirá recuperar a nota desta parte.

Se un/unha estudante decide non realizar a recuperación dalgunha
das dúas partes (proba mixta / entregable), conservará a nota obtida na primeira oportunidade nesa parte. 

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non realice a proba escrita.


DISPENSA ACADÉMICA  

Os criterios de avaliación para aqueles/as estudantes
con matrícula a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia
ás clases serán os da segunda oportunidade en todos os casos.

COPIA E/OU PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, será penalizada de acordo co establecido no Artigo 14 das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grado e mestrado da UDC.