Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta B1 B2 B7 Cada un dos traballos tutelados avaliarase cun cuestionario que se realizará inmediatamente despois de elaborar dito traballo e abranguerá tanto os aspectos prácticos como teóricos. Deste xeito, a avaliación farase de xeito continuo durante o cuatrimestre e non haberá exame final. 100
 
Observacións avaliación
Será necesario acadar unha nota igual ou superior a 5 no global da asignatura para superala. A calificación global calcularase como a media das avaliacións de cada un dos traballos tutelados.

Un/unha estudiante considerarase presentado/a nunha convocatoria se realiza a proba de avaliación dalgún traballo tutelado.

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, poderanse volver a realizar as probas de avaliación dos traballos tutelados. Aqueles traballos para os que non se realice a proba, mantenrán a calificación obtida na primeira oportunidade.

No caso de suspender a asignatura, non se conservará a calificación de ningún dos traballos tutelados para cursos posteriores.

Matrícula con dispensa académica
Os/as estudiantes con matrícula con dispensa académica deberán realizar as probas de avaliación dos traballos tutelados nas datas establecidas. É responsabilidade de ditos/as estudiantes poñer en coñecimiento do profesor a súa circunstancia.