Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumnado disporá previamente de copias das transparencias e o profesorado promoverá unha actitude activa, formulando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando preguntas abertas para a reflexión do estudantado.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas co uso do ordenador, que permitan ao alumnado familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Solución de problemas Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudos de casos e proxectos.
Proba de resposta múltiple Cuestionarios breves que se habilitarán tras algunhas sesións teóricas para comprobar a asimilación de contidos.
Proba obxectiva Valorarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.