Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A11 A12 A13 A16 B4 B6 B7 Prob obxetiva que pode ser un modelo mixto con preguntas tipo test e algunhas preguntas de resposta curta ou de desenvolvemento. 50
Prácticas a través de TIC A11 A12 A13 A16 B3 B6 B7 B8 C3 C4 C8 Esta calificación incluirá a avaliación das leccións práticas e o proxecto desenvolvido. 30
Seminario A11 A12 A13 A16 B2 B4 B5 C7 C9 Se incluirá a avaliación das lección e traballos realizados nos seminarios 20
 
Observacións avaliación

Para superar a materia, o/a estudante terá que completar todas as actividades propostas e aprobar os exames correspondentes.

Primeira oportunidade: 

Para superar a asignatura, o/a estudante deberá ter entregado e aprobado as actividades propostas (50% da cualificación final) e aprobar o exame final (50% da cualificación).

Exames parciais: 

non haberá exames parciais.

Segunda oportunidade: 

Mantense a nota obtida nas prácticas durante o curso e tamén o seu peso na nota final. Os/As estudantes que non alcanzaron a nota de corte nas actividades propostas durante a convocatoria anterior, poderán entregar, antes do exame final da segunda oportunidade, actividades semellantes ás non superadas, que serán propostas polos docentes. Unha vez aprobadas ambas partes por separado, o exame será o 50% da nota final e as prácticas o 50% restante.

Dispensa de asistencia: 

No caso de dispensa de asistencia, os/as estudantes examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos na primeira convocatoria.

Estudantes repetidores: 

Os/As estudantes repetidores de anos anteriores examinaranse nas mesmas condicións que os alumnos na primeira convocatoria.

Non presentado: 

O/A estudante recibirá a cualificación de "non presentado" cando non realice o exame final.

Realización fraudulenta de exercicios ou probas: 

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario

Avaliación das competencias: 

En xeral, o desenvolvemento das actividades prácticas, proxectos e casos de uso, así como a preparación dos temas teóricos permitirán ao alumnado traballar as competencias básicas, xerais e transversais da materia. En concreto, a través dos proxectos e casos de uso, valoraranse as competencias CT7, CT9, CG5, CG4, CG2. O desenvolvemento das prácticas, así como a proba final, permitirá avaliar as competencias específicas: CE10, CE11, CE12, CE15.

Igualdade:

- Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia (usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...)

-Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.

-Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.