Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Impartiranse clases prácticas nas que, aínda que se darán explicacións teóricas, principalmente se realizarán exercicios, algúns dos cales precisarán de ferramentas TIC, en concreto, Microsoft Access.
Nestas aulas proporanse traballos tutelados que o alumnado terá que realizar de forma individual e entregar nos prazos e segundo as normas que se establecerán durante o curso e quedarán publicados no espazo da materia no Campus Virtual, e que computarán para a avaliación.
Obradoiro Os alumnos experimentarán o proceso creación dunha edición académica digital curta sobre os documentos propostos pola profesora, poñendo en práctica procesos para a obtención do texto e as imaxes, a aplicación dun modelo TEI, a súa visualización e a posterior xestión dos datos. Terán que elaborar un traballo escrito no que reflexionen sobre as distintas fases do proceso de creación deste proxecto dixital, para presentar as tarefas que teñan realizado e os arquivos elaborados, que tamén se adxuntarán para a súa avaliación.
Proba obxectiva Exame dos contidos teórico-prácticos que pode combinar distintos tipos de preguntas: preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de discriminación, de completar e/ou de asociación.
Sesión maxistral Exposición oral dos contidos esenciais correspondentes aos temas do programa, que poderá ser apoiada por medios audiovisuais. Proposta de exemplos e modelos. Resposta a dúbidas e preguntas.