Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A4 A5 C2 Valorarase a adecuación das respostas ás preguntas expostas, o nivel de coñecementos e aptitudes demostrado. 20
Prácticas a través de TIC A4 B3 B5 B7 C1 C2 C5 C6 C7 C8 C11 C12 C13 40
Obradoiro A4 A5 B3 B5 B7 C1 C2 C5 C6 C7 C8 C11 C12 C13 Se valorará la adecuación a las pautas marcadas para cada una de las actividades prácticas, la capacidad de relacionar los contenidos teóricos con las tareas realizadas y los archivos elaborados, la calidad de las aportaciones por parte de los alumnos, la coherencia de su estructura, la redacción y presentación. 40
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE: 

Para aprobar a materia, é preciso obter unha nota media de 5 sobre 10 que se calculará atendendo ás porcentaxes sinaladas para cada metodoloxía no apartado de avaliación. Será imprescindible obter un mínimo de 4 sobre 10 en cada unha das medologías que se avalían, de non ser así a nota global da materia non será superior a 4,5. Non se avaliarán traballos entregados fóra de prazo ou non acordados cos docentes previamente cando sexa preciso. Cualificaranse cun 0 os traballos que non cumpran coas instrucións prescritas para a súa elaboración ou que fosen copiados ou plaxiados. A cualificación será de non presentado (N. P.), cando non se entreguen os traballos relativos ás prácticas a través de TIC ou o Obradoiro ou non se acuda ao exame. 

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade UNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. Gardaranse as notas relacionadas coas diferentes metodoloxías mencionadas no apartado de avaliación que resultasen aprobadas na primeira oportunidade. Será obrigatorio comunicar aos profesores como se abordará a avaliación nesta segunda oportunidade. Cando haxa que elixir un tema para unha das actividades do portafolios ou para o traballo tutelado, se non se fixo durante cUrso, será obrigatorio acordalo cos docentes, como mínimo, un mes antes da data fixada oficialmente para o exame. 

ALUMNOS CON DEDICACIÓN A TEMPO PARCIAL OU DISPENSA ACADÉMICA DE ASISTENCIAS A CLASE LEGALMENTE RECOÑECIDA:

Terán que acordar unha titoría nas dúas primeiras semanas de clase co fin de establecer un plan de traballo idóneo. Non haberá diferenzas no sistema de avaliación en relación co proposto para o resto do alumnado.

Escoitar