Código Competencias do título
A2 CON2-Coñecementos sobre a difusión e os usos públicos da historia e do patrimonio
A5 CON5-Coñecementos sobre creación e xestión de proxectos patrimoniais na contorna dixital
A10 CON10-Coñecementos sobre a comunicación cultural e marketing do patrimonio cultural
B1 HAB1-Ser capaz de establecer relacións para producir coñecemento no contorno da intelixencia dixital
B5 HAB5-Ser capaz de elixir e presentar os resultados de proxectos de todo tipo relacionados coa xestión do patrimonio dixital
B6 DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
C1 CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
C4 CB4. Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións –e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan– a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades
C5 CB5. Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que terá que ser en grande medida autodirixido ou autónomo
C8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
C9 CG4. Integrar destrezas de comunicación orientadas ao marketing cultural en contornos emprendedores
C10 CG5. Traballar en equipos interdisciplinares en ámbitos empresariais de mercado e institucionais de xestión cultural
C11 CG6. Crear contidos orixinais no ámbito do patrimonio cultural unindo coñecementos humanísticos e tecnolóxicos.
C12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
C13 CT2. Facer fronte de forma activa á resolución de problemas no contorno social e de mercado.
C14 CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.