Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A25 B2 B4 B6 C8 Realización de exemplos prácticos no laboratorio supervisados polo profesor. 30
Traballos tutelados B2 B6 C2 C4 C5 C7 C8 C10 C11 Realización dun traballo de curso consistente nun exemplo de recreación virtual do patrimonio. Ponderarase a calidade e compleción do mesmo e a memoria descritiva e (30 pts) a súa exposición (10 pts) 40
Proba mixta C2 C4 C7 C8 C11 C15 Realización dunha proba escrita que avalía os coñecementos teóricos adquiridos polo estudante. 30
 
Observacións avaliación

• A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.