Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Avaliarase a solución aplicada polos estudantes ao problema proposto e a interacción entre os membros do grupo. 30
Traballos tutelados A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Avaliarase que o traballo realizado cumpre cos criterios descritos no enunciado. 40
Proba mixta A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Proba individual sobre contido teórico-práctico 30
Presentación oral A7 A9 A25 B2 B4 B6 C2 C4 C5 C8 C10 C11 C12 C15 Ao remate dos traballos tutelados, cada alumno realizará unha defensa ante os docentes do seu traballo. O resultado desta defensa ponderará a cualificación obtiva no traballo tutelado de xeito que a súa calificación pode aumentar ou desdecender. 0
 
Observacións avaliación

PRIMEIRA OPORTUNIDADE

As prácticas a través de TIC se avaliarán de xeito continuo.

Para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a proba mixta. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.

Todo alumno que non realice a presentación oral ou a proba mixta terá a cualificación de NON PRESENTADO.

SEGUNDA OPORTUNIDADE

Poderán presentarse á segunda oportunidade ÚNICAMENTE aqueles/as estudantes que non superen a materia na primeira oportunidade. A calificación das actividades superadas manterase na segunda oportunidade. Do mesmo xeito que na primeira oportunidade, para superar a materia é necesario superar cada unha das prácticas a través de TIC, o traballo tutelado, e a proba mixta. Se non se supera algún destas actividades, a nota máxima global da materia non superará o 4,5.

Terá cualificación de NON PRESENTADO calquera estudante que non opte á recuperación de ningunha dúas partes.

DISPENSA ACADÉMICA

Dado que a asistencia ás clases presenciais non é obrigatoria, aquel alumnado con matrícula a tempo parcial e con dispensa académica que o exima da asistencia ás clases terán as mesmas condicións que o resto do alumnado.

OPORTUNIDADE ADIANTADA

Utilizaranse os criterios de segunda oportunidade.

IMPLICACIÓNS DO PLAXIO

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.