Código Competencias do título
A4 CON4-Coñecementos sobre entidades de patrimonio dixital, modelaxe e xestión da información patrimonial
A7 CON7-Coñecementos sobre a virtualización do patrimonio cultural: infografías, realidade aumentada, visualización 3D, xeolocalización, fotointerpretación
A8 CON8-Coñecementos sobre a cartografía dixital/sistemas xeográficos de información
A11 CON11-Coñecemento dos arquivos históricos e as institucións bibliográficas, os seus fondos, a súa dixitalización e o servizo que prestan a través da rede
A12 CON12-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio arqueolóxico
A13 CON13-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para organización e xestión do patrimonio artístico
A16 CON16-Coñecementos sobre ferramentas dixitais para a organización e xestión do patrimonio inmaterial
A20 CON20-Coñecementos sobre infraestruturas de datos espaciais
A25 CON25-Coñecementos sobre Internet e a Web; Aplicacións web; Aplicacións móbiles; Introdución á gamificación
A26 CON26-Coñecementos sobre a ciencia da información xeográfica. A natureza da información xeográfica. Fontes de información xeográfica e territorial. A cartografía como fonte e ferramenta de análise territorial
B2 HAB2-Ser capaz de aplicar coñecemento na resolución de problemas
B4 HAB4-Ser capaz de identificar fontes de información, recompilar e analizar datos e elaborar sínteses en relación con eles
B6 DES1-Ser capaz de manexar ferramentas tecnolóxicas e informáticas aplicadas á dixitalización do patrimonio
C1 CB1. Posuír e comprender coñecementos que aporten unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación
C2 CB2. Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa sá área de estudo
C3 CB3. Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos
C6 CG1. Construír, xestionar e difundir o patrimonio dixital e o tratamiento dixital do patrimonio en todas as súas acepcións
C7 CG2. Aplicar o coñecemento na implementación de proxectos patrimoniais no contorno digital
C8 CG3. Utilizar adecuadamente as ferramentas tecnolóxicas necesarias para a adquisición, procesado, xestión e difusión do patrimonio cultural dixital
C12 CT1. Adaptar o uso e transferencia do coñecemento a novas situacións derivadas do cambio tecnolóxico
C14 CT3. Adquirir un compromiso ético coas diversas formas de comunicación en contornos dixitais.
C15 CT4. Comprender os valores da igualdade, sustentabilidade ambiental e o dereito ao acceso equitativo aos recursos tecnolóxicos no coidado do patrimonio cultural dixital.