Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas a través de TIC A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 [Módulo I] As prácticas TIC (1 punto) avaliaránse nas sesións de prácticas e cunha proba escrita que terá lugar durante a última clase de teoría.

[Módulo II] As prácticas obrigatorias do módulo II engadirán 1 punto e serán avaliadas antes do exame teórico, defendendo o traballo realizado diante do/da profesor/a, xa sexa de forma presencial ou telemáticamente.
20
Proba obxectiva A7 A10 A11 A24 A37 A38 A47 A48 A53 A55 B1 B3 C2 C3 C6 C8 Proba escrita, que se celebrará na data fixada no calendario. Ademáis dos contidos levados a cabo nas sesións maxistrais, dentro de esta proba poderanse incluír cuestións sobre as prácticas.

Esta proba terá un peso de 4 puntos para cada módulo.
80
 
Observacións avaliación

A nota de cada módulo é o resultado da suma das notas de todas as avaliacións (non existindo un mínimo do apartado de prácticas a través das TIC ou na proba obxectiva).

Para superar a materia é necesario ter unha cualificación superior ou igual a 2 puntos (sobre 5 puntos) en cada módulo e superior ou igual a 5 puntos (sobre 10 puntos) na materia. En caso de non superar 2 puntos en algúns dos módulos, a nota máxima que será reflexada nas actas é 4 puntos.

Primeira oportunidade:

Os/As estudantes que asistan a proba obxectiva, terán que presentarse aos dous módulos. 

Segunda oportunidade:

Proba obxectiva con contidos teóricos, prácticos e problemas: 8 puntos. O/A estudante poderá presentarse a proba obxectiva de calquera dos módulos.  A cualificación das prácticas a través de TIC será a obtida durante o cuadrimestre,

Convocatorias extraordinarias:

Examen de contidos teóricos, prácticos e problemas: 10 puntos

Estudantes con matrícula a tempo parcial:

Os/As estudantes con matrícula a tempo parcial non require presencialidade e a avaliación dos contidos teóricos pode realizarse cunha única asistencia para realizar a proba obxetiva na data indicada no calendario de exames. Terá que presentar as prácticas nas mismas datas que o resto dos estudantes da materia.

Plaxio:

O plaxio de calquera traballo é unha falta grave e levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria anual, tanto para o estudante que presente material copiado como para quen o facilite.