Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
 
Observacións avaliación

O obxectivo da avaliación é constatar que os alumnos posúen as
competencias fundamentais necesarias e realizarase en tres momentos temporais
distintos:



- Unha vez finalizada a Práctica 1, mediante a súa presentación e
defensa en grupo e individualizada.



- Unha vez finalizada a Práctica 2, mediante a súa presentación e
defensa en grupo e individualizada.



- Ao finalizar o curso, mediante un exame escrito individual, que
conterá unha parte teórica e unha parte práctica.



A nota final de cada alumno obterase segundo o indicado a
continuación:



- Exame escrito individual: 40% (correspondendo o 40% á parte
teórica e o 60% á parte práctica).



- Práctica 1: 40%.



- Práctica 2: 20%.



Para aprobar a materia é preciso obter unha puntuación global
mínima de 5 puntos sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:



- É necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 na Práctica 1.



- É necesario ter un mínimo de 5 puntos sobre 10 (sumando parte
teórica e práctica segundo as porcentaxes indicadas) no exame escrito individual.



- Non será necesario que os alumnos aproben a Práctica 2 para
aprobar a materia, aínda que é altamente aconsellable.



En caso de que non se cumprise algún mínimo dos anteriores e a
nota final calculada como se indicou superase o 4.0, a nota que figurará para a
materia será un 4.0.



Aspectos a ter en conta:



- Os grupos de alumnos para realizar as prácticas formaranse baixo
as directrices dos profesores.



- A exposición e defensa das prácticas será pública en horario
oficial da materia e a estes actos deberán asistir todos os alumnos que teñan o
devandito horario, que poderán facer preguntas, comentarios ou suxestións.
Neste acto asignarase un tempo para que falen todos os membros do grupo e outro
tempo para preguntas, críticas, comentarios e/ou suxestións do profesor e do
resto de alumnos.



- Na avaliación das prácticas valorarase basicamente o nivel
técnico do traballo e a completitude, claridade e exposición deste.



- A nota asignada ás prácticas inicialmente será a que reciban
todos os membros do grupo que a defendan, sen prexuízo de modificación sobre a
base da participación activa individual de cada un.



Os alumnos que non superen a materia terán que
demostrar a correcta adquisición das competencias fundamentais desta mediante a
realización dun novo exame suxeito ás restricións indicadas anteriormente.
Ademais, aqueles alumnos que non superasen a Práctica 1 deberán refacela (previa comunicación aos
profesores da materia) ata
que esta cumpra cos requisitos mínimos esixidos, sendo entregada para a súa
avaliación por parte dos profesores e defensa con data límite segundo o acordo alcanzado.