Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A5 B1 B5 B6 C1 Realización segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as practicas para superar a materia 40
Proba obxectiva A5 B1 B5 B6 Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 60
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos e solución de problemas

- De acordo
ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos
levará unha nota global de NON APTO (0), tanto ao estudante que
presente material copiado como a quen o facilitase, e a
cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.

- Se as prácticas ou outras actividades se realizaren en grupo, todos os membros do grupo responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das súas posibles consecuencias.

Matrícula a tempo parcial

-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).

Plaxio ou copia de exame/prácticas*

- A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

* Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seu artigo 11.4.b polol Consello de Goberno do 28/06/2023