Metodoloxías
Solución de problemas
Prácticas de laboratorio
Descrición
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais coma das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso do alumnado nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles/as alumnos/as que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles outros/as que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos.

No que respecta ás titorías individuais, dado o seu carácter personalizado, non deben dedicarse a estender os contidos con novos conceptos, senón a aclarar os conceptos xa expostos. O profesorado utilizaraas como unha interacción que lle permita extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia por parte do alumnado.