Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Solución de problemas A4 A5 A6 B2 B7 B10 C1 Valoraránse os resultados, forma e condicións de realización de diversos traballos puntuables que se detallarán durante o curso. 20
Prácticas de laboratorio A4 A5 A6 B2 B3 B7 B9 B10 C1 Realizadas segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. A entrega en tempo e forma das prácticas é condición necesaria para aprobar a materia na primeira oportunidade. 20
Proba obxectiva A4 A5 A6 B2 B3 B8 B9 Realización obrigatoria. Avaliarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. É necesario obter unha nota mínima de 4 para aprobar a materia en calquera das oportunidades. 60
 
Observacións avaliación

Proba obxectiva

É necesario obter unha nota mínima de 4 para
aprobar a materia en calquera das oportunidades.

Traballos prácticos e solución de problemas

- Dado que se trata de actividades de avaliación continua, non se reavaliarán nin se admitirán entregas na segunda oportunidade. As cualificacións dos traballos prácticos e solución de problemas da primeira oportunidade conservaranse para a segunda oportunidade.

- A realización
fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez
comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na
convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso
académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira
oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa
cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

*
Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. Aprobado polo Consello
de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seu artigo 11.4.b polol
Consello de Goberno do 28/06/2023

- Se as probas ou actividades de avaliación se realizaren en grupo, todos os membros do grupo
responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das
súas posibles consecuencias.

Matrícula a tempo parcial

-
O alumnado matriculado a tempo parcial terá que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.

Non presentado

- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP). Na primeira oportunidade, esto será extensible a quen non entregue todas as prácticas en tempo e forma.