Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A17 A18 A20 B2 B9 C1 Existirán varias probas escritas de coñecementos que constarán de cuestións teórico-prácticas sobre os contidos da materia:

-- Probas parciais que terán lugar unha vez que remate a docencia de bloques temáticos relevantes. Os resultados destas probas formarán parte da avaliación continua.

-- Unha proba final global.
85
Solución de problemas A17 A18 A20 B2 B7 B9 C1 A participación activa no desenvolvemento das clases e a resolución e entrega de exercicios propostos ao longo do curso formará parte da avaliación continua. Computará ata o 15% da cualificación. 15
 
Observacións avaliación
Presentación e avaliación

1. Considerarase que un estudante concurre a unha convocatoria cando participa en actividades que lle permiten obter cando menos un 50% da avaliación final. 

2. As probas parciais de coñecementos teñen carácter voluntario. De ser aprobadas, as cualificacións obtidas conservaranse, eximindo ao estudante de contestar ás cuestións relativas aos bloques temáticos xa aprobados na proba final.  

3. A proba final de coñecementos terá carácter obligatorio. 

4. Será necesario aprobar cada bloque temático para superar a materia. 

5. As cualificacións obtidas conservaranse entre as oportunidades (ordinaria e extraordinaria) dentro da convocatoria de cada curso.

Segunda oportunidade:

As cualificacións acadadas nas actividades de avaliación continua gárdanse para a avaliación na segunda oportunidade, na que se realizará un exame global seguindo as pautas do exame final de primeira oportunidade. A nota final na segunda oportunidade será o máximo de tres cantidades: a nota da avaliación da primeira oportunidade, a nota do novo exame (100%), e a media ponderada do novo exame (85%) e a parte da avaliación continua distinta das probas parciais de coñecementos (15%).


Realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación:

Unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.