Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Infraestruturas de Computación de Altas Prestacións | Código | 614G02015 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba mixta | A11 B2 B3 B7 B8 | Ao final do cuadrimestre realizarase un exame individual sobre os contidos do temario desenvolvido durante as sesións maxistrais onde o alumnado deberá demostrar os coñecementos adquiridos. | 60 |
Prácticas de laboratorio | A11 B2 B3 B7 B9 B10 C1 | A avaliación das prácticas de laboratorio farase ao longo do curso e terá como obxectivo valorar o traballo do alumnado durante as sesións prácticas. Nesta avaliación tamén se terá en conta o seguimento continuado das actividades realizadas. | 40 |
Observacións avaliación | |||
PRIMEIRA OPORTUNIDADE Para superar a materia na primeira oportunidade é necesario obter:
No caso de incumprir algunha das condicións necesarias para superar a materia, a cualificación final nas actas será un Suspenso e a nota máxima que se poderá obter é 4. Calquer/a alumno/a que non entregue as prácticas nin realice a proba mixta terá unha cualificación de NON PRESENTADO. SEGUNDA OPORTUNIDADE Só poderán presentarse á segunda oportunidade os/as alumnos/as que non superen a materia na primeira oportunidade. As condicións globais necesarias para aprobar requiridas na primeira oportunidade mantéñense coas seguintes consideracións:
REPETIDORES A nota das partes que acadasen un mínimo do 50% conservaranse durante un curso académico. ALUMNADO A TEMPO PARCIAL O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica que lles exima da asistencia ás clases deberá comunicar a súa situación ao profesorado co fin de establecer unhas condicións adaptadas á súa dispoñibilidade. En calquera caso, os criterios da súa avaliación serán os mesmos que os do resto do alumnado. FRAUDE A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de Suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado/a con Suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta da primeira oportunidade, se fose necesario. |