Metodoloxías Competencias / Resultados Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 B2 B9 B10 C1 C4 As/os estudantes deberán realizar pequenas partes dos pipelines de análises de datos ómicos para asentar o coñecemento teórico e prepararse para o traballo tutelado 10
Traballos tutelados A2 B2 B3 B4 B7 B9 B10 C1 C4 As/os estudantes deberán analizar datos ómicos reais aplicando as técnicas/aproximacións aprendidas na materia. Deberá acompañarse dun informe replicable de resultados, código e conclusións realizado en contorna R xustificando o pipeline de análise utilizada e as conclusións obtidas 60
Proba de resposta múltiple B7 B8 No período de avaliación realizarase unha proba de coñecementos teórico-prácticos para avaliar a adquisición das competencias por parte do alumno
30
 
Observacións avaliación
A/o estudante deberá obter unha nota mínima de 3 sobre 10 puntos na proba obxectiva e unha nota mínima de 4 sobre 10 puntos nos traballos tutelados. As prácticas de laboratorio non teñen nota mínima. De non alcanzar esta nota mínima nalgún dos devanditos apartados, a nota da materia será a menor das dúas.

As entregas correspondentes aos traballos tutelados nas datas indicadas e a asistencia ás clases prácticas son obrigatorias para aprobar a materia.

Un/unha estudante considerarase presentado/a en unha convocatoria se fai entrega dos traballos tutelados ou se se presenta á proba obxectiva.

O traballo entregado deberá ser orixinal do/da estudante. De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, a entrega de traballos non orixinais ou con partes duplicadas (sexa por copias entre compañeiros ou por obtención doutras fontes...) levará unha nota global de SUSPENSO na convocatoria correspondente, tanto para o/a estudante que presente material copiado como a quen o facilitara, invalidando calquera outra cualificación obtida nas actividades avaliables.

* Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.

Sobre a responsabilidade compartida dos traballos en grupo. 
Nas actividades que levan a cabo en grupos, tales como os traballos tutelados, todos os membros do grupo serán responsables solidarios do traballo realizado e entregado, así como das consecuencias que se deriven do incumprimento das normas de autoría do mesmo. 

Segunda oportunidade e convocatorias posteriores
Na segunda oportunidade, mantense a nota obtida nos traballos tutelados. Só no caso de non presentar os traballos tutelados na primeira oportunidade ou que estas obtivesen a cualificación de SUSPENSO (cualificación menor que 5), poderanse presentar novamente os traballos tutelados na segunda oportunidade.

En caso de suspender a materia, os traballos tutelados con nota igual ou superior a 5 gardaranse para cursos posteriores con cualificación de aprobado (5). En cada curso, o/a estudante terá a opción de entregar un novo traballo tutelado que substituirá a nota da anterior. Os traballos non se gardarán máis dun curso. 

Matrícula con dispensa académica
Para estudantes con matrícula con dispensa académica elimínase a obrigatoriedade de asistencia ás clases de prácticas. Deberán entregar os traballos tutelados nas datas establecidas. É responsabilidade de devanditos/as estudantes poñer en coñecemento do profesor a súa circunstancia.

Titorías
A maiores, as tutorias considéranse unha parte importante dentro do desenvolvemento da materia. Están orientadas de tal maneira que as/os estudantes teñan e/o poidan consultar distintas cuestións como: 
1. Problemas no desenvolvemento das prácticas 
2. Maneiras de enfocar/organizar os traballos tutelados 
3. Resolución de dúbidas sobre as cuestións teóricas.

Pedirase ás/os estudantes que soliciten cita aos/as profesores/as responsables para realizar reunións presenciais dentro dos horarios de titorías do profesorado establecido en espazos.udc.es. O uso de Teams deberá limitarse a cuestións puntuais organizativas.