Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Clases teóricas, nas que se expón o contido de cada tema. O alumnado disporá previamente de copias das transparencias e o profesorado promoverá unha actitude activa, formulando preguntas que permitan aclarar aspectos concretos e deixando preguntas abertas para a reflexión do estudantado.
Prácticas de laboratorio Clases prácticas co uso do ordenador, que permitan ao alumnado familiarizarse dende un punto de vista práctico coas cuestións expostas nas clases teóricas.
Solución de problemas Aprendizaxe baseada en problemas, seminarios, estudos de casos e proxectos.
Proba obxectiva Valorarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia.
Traballos tutelados Traballo no que o alumnado consultará fontes de información actualizadas para familiarizarse con aspectos de investigación da materia.