Metodoloxías
|
Proba obxectiva |
Sesión maxistral |
Prácticas de laboratorio |
Traballos tutelados |
Solución de problemas |
|
Descrición |
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais como das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso do alumnado nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles/as alumnos/as que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos. No traballo tutelado prestarase unha atención personalizada ao alumnado para orientalo no seu traballo autónomo.
No que respecta ás tutorías individuais, dado o seu carácter personalizado, non deben dedicarse a estender os contidos con novos conceptos, senón a aclarar os conceptos xa expostos. O profesorado utilizaraas como unha interacción que lle permita extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia por parte do alumnado. |
|