Metodoloxías
Proba obxectiva
Sesión maxistral
Prácticas de laboratorio
Traballos tutelados
Solución de problemas
Descrición
O desenvolvemento, tanto das clases maxistrais como das de resolución de problemas e os laboratorios de prácticas, realizarase atendendo ao progreso do alumnado nas capacidades de comprensión e asimilación dos contidos impartidos. O avance xeral da clase compaxinarase cunha atención específica a aqueles/as alumnos/as que presenten maiores dificultades na tarefa da aprendizaxe e cun apoio adicional a aqueles que presenten maior desenvoltura e desexen ampliar coñecementos. No traballo tutelado prestarase unha atención personalizada ao alumnado para orientalo no seu traballo autónomo.

No que respecta ás tutorías individuais, dado o seu carácter personalizado, non deben dedicarse a estender os contidos con novos conceptos, senón a aclarar os conceptos xa expostos. O profesorado utilizaraas como unha interacción que lle permita extraer conclusións respecto ao grao de asimilación da materia por parte do alumnado.