Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Linguaxe Natural e Minaría de Textos | Código | 614G02043 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Proba obxectiva | A28 B2 B3 B8 | Actuación obrigatoria. Valorarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. | 50 |
Prácticas de laboratorio | A28 B2 B4 B7 B9 B10 | As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa. | 40 |
Traballos tutelados | A28 B3 B4 B7 B10 | Avaliarase o dominio do alumnado para comprender e asimilar o traballo de investigación. | 10 |
Observacións avaliación | |||
O/A alumno/a deberá acadar polo menos o 40% da nota máxima das partes teóricas e prácticas, sendo en todo caso a suma de tres partes superior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase en función da nota máis baixa obtida. No caso de non acadar o mínimo de teoría ou práctica, o/a alumno/a disporá dunha segunda oportunidade na que só estará obrigado/a a entregar dita parte. Os traballos tutelados considéranse como avaliación continua e non se entregarán na segunda oportunidade. As cualificacións non se gardarán entre cursos académicos. As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa. Quen concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Presentado/a”. A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez acreditada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se comprometa: o/a alumno/a será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente da materia académica, tanto se o delito se comete na primeira oportunidade ou na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación no acto de primeira oportunidade, se é o caso. |