Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A28 B2 B3 B8 Actuación obrigatoria. Valorarase o dominio dos coñecementos teóricos e operativos da materia. 50
Prácticas de laboratorio A28 B2 B4 B7 B9 B10 As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa. 40
Traballos tutelados A28 B3 B4 B7 B10 Avaliarase o dominio do alumnado para comprender e asimilar o traballo de investigación. 10
 
Observacións avaliación

O/A alumno/a deberá acadar polo menos o 40% da nota máxima das partes teóricas e prácticas, sendo en todo caso a suma de tres partes superior a 5 para superar a materia. De non cumprirse algún dos requisitos anteriores, a cualificación da convocatoria establecerase en función da nota máis baixa obtida.

No caso de non acadar o mínimo de teoría ou práctica, o/a alumno/a disporá dunha segunda oportunidade na que só estará obrigado/a a entregar dita parte. Os traballos tutelados considéranse como avaliación continua e non se entregarán na segunda oportunidade.

As cualificacións non se gardarán entre cursos académicos.

As entregas das prácticas deberán realizarse no prazo establecido no campus virtual e deberán seguir as especificacións sinaladas no escrito tanto para a súa presentación como para a súa defensa.

Quen concorra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Presentado/a”.

A realización fraudulenta de probas ou actividades de avaliación, unha vez acreditada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria na que se comprometa: o/a alumno/a será cualificado con "suspenso" (nota numérica 0) na convocatoria correspondente da materia académica, tanto se o delito se comete na primeira oportunidade ou na segunda. Para iso, procederase a modificar a súa cualificación no acto de primeira oportunidade, se é o caso.