Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva B2 B4 B5 B7 B9 Realización obrigatoria. Necesario aprobar a proba para superar a materia. 60
Prácticas de laboratorio A2 A3 B2 B6 B7 B8 B9 C2 C3 Realización e calificación segundo as condicións establecidas no enunciado de cada práctica. Necesario aprobar as practicas para superar a materia 40
 
Observacións avaliación

Traballos prácticos e
solución de problemas

  • De acordo ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o
    plaxio dos traballos levará unha nota global de NON APTO (0), tanto ao
    estudante que presente material copiado como a quen o facilitase, e a
    cualificación de SUSPENSO na oportunidade.
Avaliación na segunda
oportunidade

  • A
    nota global das prácticas
    manterase para a segunda oportunidade. Soamente as prácticas calificadas con
    SUSPENSO ou NON PRESENTADAS na primeira oportunidade poderán entregarse na
    segunda oportunidade, sempre de acordo ao enunciado que se propoña para elo.
  • En
    consonancia coa normativa de avaliación da UDC, a cualificación derivada doutras
    actividades desenvolvidas ao longo do curso como parte da avaliación continua
    (prácticas introdutorias, controis parciais de prácticas, probas en Grupos de Titoría Reducidos,etc.)
    non serán recuperables para a segunda oportunidade.

Matrícula a tempo
parcial

  • Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que
    entregar as actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
    establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
    profesorado.

Non presentado

  • Quen non concurra á proba obxectiva no período
    oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).

 Plaxio ou copia de exame/prácticas*

  • A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario".

* Regulamento disciplinar do estudantado da UDC. Aprobado polo Consello de Goberno do 27/02/2023 e modificado no seu artigo 11.4.b polol Consello de Goberno do 28/06/2023