Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A2 A3 B2 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C2 C3 C6 Nas prácticas valorarase tanto o traballo individual como grupal do alumnado.

Para demostrar o traballo realizado, o alumnado presentará evidencias documentais tanto individuais como grupais, e realizarán unha presentación grupal do traballo realizado.

Tanto nos documentos (individuais e grupais) como na presentación grupal valoraranse os seguintes aspectos:

- Nivel técnico.
- Exhaustividade, claridade e xustificacións do traballo.
- Dominio dos coñecementos adquiridos.
- Ortografía e redacción.

A nivel individual, tamén se valorará a participación activa.
50
Proba obxectiva A2 A3 B2 B6 B8 B9 C6 Nesta proba evaluarase o dominio dos coñecementos teóricos e prácticos da asignatura a través dun exame individual. 50
 
Observacións avaliación

Puntuación

A nota final de cada estudante obterase da seguinte maneira:

  • Exame escrito individual: 50%
  • Práctica de laboratorio: 50%, que se repartirá da seguinte maneira:
    • Parte individual: 20%.
    • Parte grupal: 30%

Para aprobar o curso é necesario obter unha puntuación global mínima de 5 sobre 10 e cumprir as seguintes restricións:

  • É necesario ter un mínimo de 4.5 sobre 10 na práctica, tanto na parte individual como na grupal independentemente.
  • É necesario ter un mínimo de 4.5 sobre 10 na proba obxectiva.

No caso de que non se cumpra algún mínimo dos anteriores e a nota final calculada como se indica superase o 4.0, a nota que aparecerá para a materia será 4.0.

Segunda oportunidade

Os alumnos que non superen a materia poderán realizar a proba obxectiva na convocatoria de segunda oportunidade.
Dado o carácter de avaliación continua da práctica esta parte non poderá recuperarse.

Fraude Académica

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con suspenso (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Alumnado con recoñecemento de dispensa académica

Segundo o establecido na Norma que regula o réxime de dedicación ao estudo e a permanencia e a progresión dos estudantes de grao e máster universitario na universidade da Coruña (aprobada polo consello social do 04/05/2017):

  1. Deberá poñelo en coñecemento do docente na primeira semana de clase, ou, se isto non fora posible, nun prazo non superior a 7 días desde que lle fora concedido o recoñecemento.
  2. Terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas establecidas polo docente. Se non se cumpre a entrega na data sinalada considerarase non presentado.
  3. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba realizada na data do calendario oficial de exames, tendo en conta a ponderación recollida nesta guía, debendo obter en cada unha das partes a puntuación mínima tamén recollida nesta práctica para poder superar a materia. No caso de non superar algunha das partes na primeira oportunidade, deberán repetir na segunda oportunidade a proba obxectiva, non sendo repetible as prácticas de laboratorio por supor un agravio comparativo para o alumnado sen dispensa.

Outras consideracións

  • Segundo se recolle nas distintas normativas de aplicación para a docencia universitaria deberase incorporar a perspectiva de xénero nesta materia: usarase linguaxe non sexista, utilizarase bibliografía de autores/as de ambos sexos na medida do posible, propiciarase a intervención en clase de alumnos e alumnas...
  • Traballarase para identificar e modificar prexuízos e actitudes sexistas e influirase na contorna para modificalos e fomentar valores de respecto e igualdade.
  • Deberanse detectar situacións de discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para corrixilas.