Datos Identificativos | 2023/24 | |||||||||||||
Asignatura | Redes | Código | 614G03013 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Segundo | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Prácticas de laboratorio | A4 A5 A6 B2 B5 B7 C3 | Avaliaranse as prácticas de laboratorio realizadas polo alumno ó longo do curso. A nota de prácticas non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria. |
30 |
Proba obxectiva | A4 A5 A6 B2 B7 | Ó final do cuadrimestre realizarase un exame onde o alumno deberá demostrar o seu coñecemento da materia. En caso de obter menos dun 4 (sobre 10) no exame final de teoría, a asignatura considerarase suspensa e a nota final será a obtida no exame. Noutro caso, a nota final calcúlase a partires das notas de cada parte, proporcionalmente, e deberá ser igual ou superior a 5 (sobre 10) para aprobar a asignatura. |
65 |
Seminario | A4 A5 A6 B2 | Plantexaránse unha serie de traballos/probas aos alumnos que lles permitirá afianzar os coñecementos ao longo do curso. A nota dos seminarios non se poderá recuperar na segunda oportunidade nin na convocatoria extraordinaria. |
5 |
Observacións avaliación | |||
As prácticas de laboratorio e os seminarios forman parte da avaliación continua da asignatura, polo que non se poderán recuperar na segunda oportunidade nin tampouco na convocatoria extraordinaria. Ós alumnos a tempo parcial facilitaráselles a elección de horarios para prácticas. A asistencia a clase non é requisito para aprobar a materia, ainda que si é recomendable. Na proba obxectiva poderá haber preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio. A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación continua, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso "0" na materia na convocatoria correspondente do curso académico, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación continua de cara ó resto de convocatorias do mesmo curso académico. Para superar a materia deberáse obter polo menos un 5 sobre 10 na suma de tódalas partes da materia (Prácticas de laboratorio + seminarios + proba obxectiva) e obter unha nota mínima de 4 sobre 10 na proba obxectiva. |