Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en diversos ámbitos (académico e profesional). Pódese facer persoalmente ou empregando novas tecnoloxías da información e a comunicación.
Este sistema de ensino baséase en dous elementos básicos: a aprendizaxe autónoma dos alumnos e o seguimento desta aprendizaxe por parte do profesor-titor.
Os estudantes presenciais e non presenciais desenvolverán este tipo de traballos.
Lecturas Lecturas que o alumno debe realizar a proposta dos textos indicados polos profesores. Implica un aumento do coñecemento do tema e a formación do espírito crítico preciso. Considérase esencial no contexto no que se desenvolve esta formación.

Establécense lecturas obrigatorias para estudantes presenciais e non presenciais, segundo se especifica na avaliación.

Sesión maxistral Na MODALIDADE PRESENCIAL consiste en clases teóricas para a presentación dos contidos da materia; así como, a discusión de temas actuais relacionados coa materia.
O MODO ON-LINE consiste en clases teóricas para a presentación dos contidos da materia; así como, a discusión de temas actuais relacionados coa materia. Farase mediante Teams.