Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Realizarase un traballo de investigación tutelado, preferentemente en grupo, sobre algunha das temáticas desenvolvidas ao longo do curso e que será debidamente detallado polo profesor.
Presentación oral Os traballos finais serán expostos oralmente e discutidos na aula
Obradoiro Ao longo do curso o alumnado terá que facer diferentes prácticas a proposta do profesor
Lecturas O profesor poderá proporcionar unha selección de lecturas ao longo do curso para o seu posterior debate en clase ou de apoio aos aspectos teóricos desenvolvidos ao longo da materia
Sesión maxistral O profesor irá introducindo os diferentes contidos da materia nas clases maxistrais procurando, no posíbel, fomentar a participación e o debate co/entre o alumnado.

Nas clases sosterase o principio de debate democrático, escoitando e respetando todas as opinións diversas en torno aos temas tratados, tanto de parte do profesorado como do alumnado