Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Ao longo do curso traballarase no deseño, xestión e avaliación dunha intervención en política social. O traballo farase en grupos (aproximadamente 4 alumnos). Cada semana farase unha tarefa específica que forma parte do traballo. Todas as pautas daranse na clase ao comezo do curso e estarán dispoñibles para consulta no campus virtual dende o primeiro día.

Levarase a cabo una titoria inicial con cada grupo para seleccionar o tema de traballo. Despois levaranse a cabo titorías periódicas para resolver dúbidas e supervisar o traballo.

Excepcionalmente, o traballo pódese facer individualmente.
Sesión maxistral Cada xornada lectiva comezará cunha hora de sesión maxistral na que se aborden os contidos teóricos. Todas as clases gravaranse e os PPT estarán dispoñibles para os estudantes no campus virtual.