Metodoloxías
Traballos tutelados
Obradoiro
Sesión maxistral
Descrición
Para o alumnado online, o profesorado ofrece titorías para todas as metodoloxías da materia.
Convocarase a titorías colectivas para o alumnado en modalidade a distancia, que se realizarán a través da ferramenta Teams, serán gravadas e subidas á Aula Virtual, para que o alumnado que teña incompatibilidade horaria poida consultalas de maneira asíncrona.
Realizaranse titorías individuais virtuais a demanda do alumnado, preferentemente a través da ferramenta institucional Teams (previa solicitude cita no caso do alumnado que non pode asistir por incompatibilidade no horario de titoría do profesorado)
Poderanse realizar consultas aos docentes da materia, a través dos foros de dúbidas habilitados para o alumnado non presencial.
Aínda que se roga a utilización das canles de atención personaliza arriba indicados, o profesorado tamén estará dispoñible a través de correo electrónico.